Igrexa de Santo André da Coruña

Igrexa de Santo André da Coruña
Igrexa de Santo André.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa
AdvocaciónSanto André
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°22′15″N 8°24′07″O / 43.370880582619, -8.401896105525
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construción1884-1890
EstiloNeomedieval[1]
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santo André é un templo relixioso de estilo neorrománico situado na rúa homónima da Coruña.

Historia

A primitiva capela de Santo André foi construída no século XIII pola confraría de mareantes no barrio da Pescadería para honrar ao apóstolo pescador. Posteriormente construíuse tamén un hospital, que desapareceu por mor do sitio de Drake (1589).[2] No século XVII tiveron lugar na igrexa as actividades pastorais da Compañía de Xesús mentres non tivo convento propio na cidade e no hospital funcionou durante uns anos a partir de 1621 a Escola de Navegación.[3]

Coa deterioración provocada polo paso do tempo, os mareantes víronse obrigados a asinar un convenio con Eusebio da Guarda, que levantaba a nova construción coa condición de que os restos seus e da súa dona Modesta Goicouría repousasen no templo. O proxecto foi do arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay. O gremio intentou logo recuperar o templo, iniciando un preito que durou nove anos e non se resolveu.[2] Finalmente o alcalde José Marchesi Dalmau outorgou a posesión á Arquidiocese de Santiago e foi o propio arcebispo José María Martín de Herrera quen inaugurou o templo en 1890.[3]

En 1937 foi cedida aos militares, converténdose en igrexa castrense.[2]

Descrición

O edificio ten unha única nave e ábsida semicircular, cunha sancristía rectangular. O altar maior ten esculturas de César López e na súa parte traseira atópanse os sepulcros de Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría, tallados en mármore por Pietro Nicoli.[3]

O exterior, de estilo historicista mestura o neorrománico co protogótico.[1] A fachada ten dous corpos con arcos de medio punto e unha inscrición conmemorativa no tímpano. Coróase cunha torre con agulla piramidal.

No adro existe un cruceiro.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 PEPRI
  2. 2,0 2,1 2,2 "De capilla para pescadores a templo de los militares". La Voz de Galicia (en castelán). 29-11-2004. Arquivado dende o orixinal o 06-03-2016. Consultado o 3-4-2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Iglesia Parroquial Castrense de San Andrés". Iglesias de La Coruña (en castelán). 26-1-2014. Consultado o 3-4-2016. 
  4. Ficha do cruceiro en Turgalicia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!