Monumento a María Pita

Monumento a María Pita
Monumento a María Pita
Presentación
LocalizaciónA Coruña
DirecciónPraza de María Pita
TipoEscultura
Construción
Data da construción1998
Equipo
EscultorJosé Castiñeiras Iglesias
Estatua de María Pita.

O monumento a María Pita é unha estatua creada polo escultor José Castiñeiras Iglesias dedicada a María Pita e que preside a praza homónima da cidade da Coruña, mirando para a casa do concello. A súa realización e colocación na praza tivo lugar en 1998.[1]

Descrición

A obra, fundida en bronce, representa a heroína empuñando a lanza coa que matou o alférez inglés, o irmán do almirante Francis Drake,[2] mentres suxeita coa outra man o corpo sen vida do seu marido, Gregorio de Racamonde. A altura total da obra é de 9,31 metros, composta por unha plataforma de chanzos de 45 cm, un pedestal de 5,56 metros e unha escultura de 3,30 metros. O seu peso é de 30 toneladas.[3]

No pedestal atópase un pebeteiro cunha chama prendida durante todo o día e apagada dende as tres ata as sete da madrugada. A chama simboliza o carácter liberal da xente da Coruña.[4]

Historia

No proxecto de urbanización da praza de 1872 recollíase unha proposta para erguer unha estatua a María Pita, o que foi aceptado polo concello o 9 de setembro do mesmo ano. O 6 de xuño de 1875 propúñase colocar unha fonte monumental. Finalmente, no proxecto de Juan de Ciórraga do 6 de febreiro de 1888, aínda que observando que era posible instalar unha estatua ou unha fonte, preferíase un espazo aberto ou unha gran farola no centro debido á falta dunha gran praza na cidade para "manifestacións e regocixos públicos".[5]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martínez Suárez, Xosé Lois. A praza de María Pita. A Coruña (1859-1959). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. p. 256. ISBN 84-85665-23-6. 

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!