O monumento, realizado nunha pedra azul procedente de Murcia, foi inaugurado tras unha procesión cívica presidida polo alcalde Manuel Casás e o primeiro tenente de alcalde Gerardo Abad Conde o 15 de outubro de 1916. Ao acto non asistiu a homenaxeada nin o autor da escultura, que estaba traballando noutra obra.[1]
Despois de sufrir actos vandálicos, a estatua foi substituída por unha réplica de bronce en 2007,[2] mais a escultura orixinal volveu á súa localización en novembro de 2021 durante a conmemoración do centenario do seu pasamento.[3]