Os atletas do Reino Unido, e mais todos os seus territorios ultramarinos agás tres, e as tres dependencias da Coroa británica, compiten nos Xogos Olímpicos como parte do equipo de Gran Bretaña. Xunto con Francia e Suíza é un dos tres países que enviou deportistas para cada unha das edicións dos Xogos de Verán e Inverno dende o comezo da era moderna das Olimpíadas en 1896, incluíndo os Xogos de 1980 que foron boicoteados por un bo número de nacións occidentais. Dende 1896 até 2018, o equipo de Gran Bretaña gañou 981 medallas nos Xogos de Verán, e outras 34 nos Xogos de Inverno. É a única nación do mundo en ter gañado cando menos unha medalla de ouro en cada unha das edicións de Verán.