O Imperio Ruso competiu nos Xogos Olímpicos en tres ocasións, a primeira delas en 1900, regresando en 1908 e 1912. Despois da Revolución Rusa en 1917, e o establecemento da Unión Soviética en 1922, pasarían corenta anos até que os atletas rusos competisen de novo nos Xogos Olímpicos, cando a Unión Soviética participou nos Xogos de 1952. Despois da disolución da Unión Soviética en 1991, Rusia competiu como parte do Equipo Unificado en 1992, e finalmente regresou outra vez como Rusia para os Xogos Olímpicos de Inverno de 1994.