Bahrain competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984, e dende entón participou en tódalas edicións dos Xogos de Verán. O país nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno. Conseguiu a súa primeira medalla nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, onde Maryam Yusuf Jamal obtivo o bronce nos 1500 metros. Porén, o Comité Olímpico Internacional finalmente descualificou ás gañadoras do ouro e da prata, Aslı Çakır Alptekin e Gamze Bulut, e Jamal avanzou ao ouro.