Aruba participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1988, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán. Os deportistas de Aruba non conseguiron gañar ningunha medalla olímpica.
Dende 1952 até 1984, os deportistas de Aruba competiron como parte das Antillas Neerlandesas. Esta fórmula mudou cando Aruba se converteu nunha entidade separada do Reino dos Países Baixos en 1986. O Comité Olímpico Arubano foi formado en 1985 e recoñecido en 1986.