Suriname participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1960, e dende entón enviou deportistas para competir na maioría dos Xogos Olímpicos de Verán. O país non competiu nos Xogos de 1964, e tamén participou no boicot liderado polos Estados Unidos aos Xogos de 1980 en Moscova. Suriname nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno. O país gañou dúas medallas olímpicas, as dúas conseguidas por Anthony Nesty en natación.
O Comité Olímpico Nacional de Suriname foi creado en 1959 e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.