O Nepal competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón participou en cada unha das edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás en 1968. O país tamén participou en catro edicións dos Xogos Olímpicos de Inverno. Tejbir Bura, cidadán nepalí, gañou unha medalla olímpica de ouro en alpinismo nos Xogos Olímpicos de 1924 como parte da expedición británica ao Everest de 1922.[1] Como outros deportistas de distintas nacionalidades compoñían o equipo de expedición, a medalla foi para o Equipo Mixto.[2] Este evento e as honras non aparecen na páxina web do Comité Olímpico Internacional.[3] O deportista nepalés de taekwondo, Bidhan Lama, gañou un bronce nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl. Porén, non aparece na lista oficial porque o taekwondo era un deporte de exhibición durante os Xogos de Seúl.
O Comité Olímpico do Nepal foi creado en 1962 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1963.