Palestina participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1996, e dende entón enviou deportistas para competir en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán.[1] Os deportistas palestinos nunca conseguiron obter unha medalla olímpica.
Palestina está representado no Comité Olímpico Internacional polo Comité Olímpico Palestino. Palestina foi recoñecido como membro do Consello Olímpico de Asia (COA) dende 1986, e do Comité Olímpico Internacional (COI) dende 1995.[2]