Dominica participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1996, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán. O país fixo o seu debut nos Xogos de Inverno en 2014.[1] Dominica gañou a súa primeira medalla nos Xogos Olímpicos de 2024, cando Thea LaFond conseguiu o ouro en triplo salto feminino.[2]
O Comité Olímpico de Dominica foi creado en 1993 e foi recoñecido en 1998, 20 anos após a súa independencia en 1978.