A Arxentina participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1900. O país competiu na maioría dos Xogos de Verán, agás en 1904, 1912 e 1980, participando neste úlitmo nun boicot liderado polos Estados Unidos de América aos Xogos de Moscova.[1] Participou nos Xogos de Inverno en 1928, 1948, 1952, e de maneira continua dende 1960.
Os deportistas arxentinos gañaron un total de 80 medallas nos Xogos Olímpicos de Verán. 24 das medallas pertencen a probas de boxeo, sendo a Arxentina o país que máis medallas gañou neste deporte. O país non conseguiu gañar unha medalla nos Xogos de Inverno.