O judo é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os Xogos Olímpicos de 1964 celebrados en Toquio, no Xapón.[1] Aínda que non foi incluído na edición de 1968,[2] si o foi nas seguintes edicións dende entón. A categoría feminina entrou a formar parte do programa oficial nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona (España), sendo aínda deporte de exhibición nos Xogos anteriores celebrados en Seúl (Corea do Sur).
O gran dominador da competición é o Xapón, lugar de orixe do deporte, seguido de Francia e Corea do Sur.