A motonáutica é un deporte que formou parte do programa olímpico oficial nunha única ocasión, nos Xogos Olímpicos de 1908, cando se disputaron tres probas diferentes de embarcacións a motor. Esa foi a única ocasión na cal a motonáutica desfrutou da oficialidade nuns Xogos Olímpicos, sendo deporte de demostración na edición de 1900.
Nas tres probas utilizouse a mesma distancia, cinco voltas arredor dun circuíto de 8 millas náuticas para finalizar cun total de 40 millas náuticas (arredor de 70 km). En cada unha das categorías diversos barcos participar na carreira mais só finalizou un por mor do forte vento que sopraba ó longo da competición. As probas realizáronse nos días 28 e 29 de agosto.
Participaron seis embarcacións, cinco en representación do Reino Unido e unha de Francia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Deportes de Verán | |
---|
Deportes de Inverno | |
---|
Engadidos en 2024 | |
---|
Engadidos en 2026 | |
---|
Engadidos en 2028 | |
---|
Deportes do pasado | |
---|