A patinaxe artística é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os Xogos Olímpicos de 1908 grazas á súa inclusión nos Xogos de Verán realizados en Londres (no Reino Unido). É, xunto co hóckey sobre xeo, o único deporte que participou nuns Xogos Olímpicos de Verán e nuns Xogos Olímpicos de Inverno. Despois da súa ausencia no programa dos Xogos Olímpicos de 1912 realizados en Estocolmo (Suecia) volveu á competición oficial nos Xogos Olímpicos de 1920 realizados en Anveres (Bélxica). Coa creación oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno no ano 1924 en Chamonix (Francia) pasou a disputarse nestes Xogos.
A competición consta dunha proba individual masculina e outra feminina, así como unha proba por parellas dende a súa inclusión no programa olímpico. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1976, realizados en Innsbruck (Austria) incluíuse a proba por parellas na modalidade de danza. nos Xogos Olímpicos de Verán de 1908, incluíuse unha proba masculina de figuras, sendo esta a única vez que se disputou esta proba. No ano 2014, incluíuse a modalidade de equipos.
Os grandes dominadores deste deporte son os Estados Unidos e Rusia, así como a extinta Unión Soviética.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Deportes de Verán | |
---|
Deportes de Inverno | |
---|
Engadidos en 2024 | |
---|
Engadidos en 2026 | |
---|
Engadidos en 2028 | |
---|
Deportes do pasado | |
---|