O piragüismo é un deporte de competición dos Xogos Olímpicos de Verán dende os Xogos de 1936 en Berlín, aínda que tamén foi un deporte de exhibición nos Xogos de 1924 en París.[1] Hai dúas disciplinas de competición en piragüismo: slálom e augas tranquilas.
Neste deporte úsanse dous tipos de embarcacións: a canoa con 1 ou 2 tripulantes e o caiac con 1, 2 ou 4 tripulantes. Isto leva á designación do nome de cada evento. Por examplo, "C-1" é unha proba de canoa individual e "K-2" é unha proba de caiac dobre. As carreias teñen polo xeral 500 ou 1000 metros de lonxitude, aínda que tamén existiron probas de 10;km entre os anos 1936 e 1956. O 13 de agosto de 2009, a Federación Internacional de Piragüismo anunciou que as probas masculinas de 500 m serían substituídas nos Xogos Olímpicos de 2012 por probas de 200 m, sendo unha delas K-1 feminina de 200 m. As outras probas masculinas de 200 m serían C-1, K-1 e K-2.[2] Isto foi confirmado en 2009 pola Xunta directiva nun encontro en Windsor, Berkshire, Reino Unido o 5 de decembro de 2009.
Notas
|
---|
Deportes de Verán | |
---|
Deportes de Inverno | |
---|
Engadidos en 2024 | |
---|
Engadidos en 2026 | |
---|
Engadidos en 2028 | |
---|
Deportes do pasado | |
---|