As Bahamas participaron por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, e dende entón enviaron deportistas para competir en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás en 1980, cando se uniron ao boicot liderado polos Estados Unidos. O país nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno.
Os deportistas das Bahamas gañaron un total de dezaseis medallas, todas elas en atletismo e vela.
O Comité Olímpico Nacional das Bahamas foi creado en 1952.