Hong Kong participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, daquela como unha colonia británica, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos de Verán, agás en 1980 cando participou nun boicot liderado polos Estados Unidos. Hong Kong tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno dende 2002.
Hong Kong gañou a súa primeira medalla olímpica en 1996, a cal tamén foi o seu primeiro ouro. Dende entón, os deportistas de Hong Kong gañaron outras doce medallas máis.