A China competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos baixo o nome da República Popular da China en 1952, nos Xogos de Verán en Helsinqui, Finlandia, aínda que só chegou a tempo para participar nun único evento.[1] Ese ano, o Comité Olímpico Internacional (COI) permitiu á República Popular da China e á Repúblic da China (que se localizou en Taiwán despois da guerra civil chinesa) que competisen, aínda que a última retirouse posteriormente como protesta.[1] Por mor da disputa polo status político da China, a República Popular non participou nos Xogos Olímpicos até os Xogos Olímpicos de Inverno de 1980, nos Estados Unidos de América.[1] A súa primeira aparición nos Xogos Olímpicos de Verán logo de 1952 foi nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles, Estados Unidos de América.[2][3] Orixinalmente participou nos Xogos Olímpicos como a delegación da República da China dende 1924.