Portugal participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1912, e dende entón participou en tódalas edicións dos Xogos Olímpicos de Verán. Coa creación do Comité Olímpico de Portugal en 1909 e o seu recoñecemento polo COI ese mesmo ano, Portugal foi o 13º país a adherirse ao Movemento Olímpico.
Tres anos despois, o país estreouse nos Xogos de Estocolmo (1912). Dende aquela participou en todas as edicións dos Xogos, sendo o 18º país máis asiduo. Ata 2024 o país conquistou 32 medallas (seis ouros, once pratas e quince bronces).
En 1952, Portugal estreouse nos Xogos Olímpicos de Inverno, realizados en Oslo, Noruega. Portugal non gañou ningunha medalla nos Xogos Olímpicos de Inverno.