Nova Zelandia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1920. Antes diso, nos Xogos de 1908 e 1912, os deportistas de Nova Zelandia e Australia competían xuntos no equipo de Australasia. Nova Zelandia compite nos Xogos Olímpicos de Inverno dende 1952, perdendo soamente os Xogos de 1956 e 1964. Está representada polo Comité Olímpico Neozelandés, que foi fundado en 1911 e recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1919.
Os atletas neozelandeses gañaron un total de 163 medallas, todas as cales agás seis foron conseguidas nos Xogos de Verán. Os deportes onde maior éxito colleitaron foron remo con 33 medallas e atletismo, con 28 medallas; vela atópase no terceiro posto con 25 medallas. As seis medallas de Nova Zelandia nos deportes de inverno foron en esquí alpino, e en snowboard e esquí acrobático.