Lituania participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1924. Nos Xogos Olímpicos de 1936 en Berlín, Lituania non convidada por Alemaña por mor da controversia pola rexión Klaipėda. En 1940, Lituania perdeu a súa independencia e formou parte da Unión Soviética. Despois da guerra, os deportistas lituanos participaron nos Xogos Olímpicos co equipo soviética. Dende 1952 até 1988, 86 deportistas lituanos competiron nos Xogos e gañaron 60 medallas (57 nos Xogos de Verán e tres nos Xogos de Inverno).
Dende a restauración da súa independencia en 1990, Lituania participou en tódolos Xogos.