Eslovaquia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1994, e dende entón enviou deportistas para competir en cada edición dos Xogos de Verán e de Inverno. Antes da disolución de Checoslovaquia en 1993, os deportistas eslovacos competiron para Checoslovaquia nas olimpíadas.
O Comité Olímpico Nacional de Eslovaquia foi creado en 1992 e recoñecido polo COI en 1993.