Dinamarca participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos na edición inaugural de 1896, e enviou deportistas para competir en cada edición dos Xogos de Verán dende entón, agás nos Xogos de 1904. Dinamarca tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno varias veces dende 1948, competindo en tódolos Xogos dende 1988.
Os deportistas dinamarqueses gañaron un total de 215 medallas, sendo a vela o deporte que máis medallas lles reportou. Dinamarca só gañou unha única medalla nos Xogos de Inverno, na categoría de curling.
O Comité Olímpico Nacional de Dinamarca foi creado en 1905.