Tailandia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, e dende entón enviou deportistas para competir en cada edición dos Xogos de Verán, agás en 1980, cando se uniu ao boicot liderado polos Estados Unidos. Tailandia tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno dende 2002.