Mozambique competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1980, nas Olimpíadas de Moscova, en Rusia. Nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno. Maria Mutola converteuse na primeira deportista mozambicana en conseguir unha medalla olímpica para o seu país, conseguindo un bronce na proba de 800 metros lisos nos Xogos Olímpicos de 1996. Nos seguintes Xogos, en 2000, volveu conseguir unha medalla, desta volta de ouro, na mesma competición.