A Parte 1: código alfa-2 está composta por códigos de dúas letras, e foi creada para codificar apenas as "linguas principais do mundo, para as cales teñan sido desenvolvidas terminoloxías especializadas ". En xeral, mais non necesariamente, constitúe unha abreviación do nome da lingua en inglés; todos os códigos representan linguas individuais, nunca colectivas.
O uso da ISO 639-1 foi proposto pola RFC 1766 e logo pola RFC 3066, segundo a cal o código de dúas letras debe ser usado cando sexa dispoñíbel. A RFC 3066 recomenda aínda que non sexan creados novos códigos para linguas xa contempladas pola ISO 639-2, de forma que as actualizacións son infrecuentes. A autoridade responsábel pola actualización dos códigos ISO 639-1 é o International Centre of Terminology ("Infoterm"), mais a divulgación está feita en conxunto coa ISO 639-2.
ISO 639-2:1998
A Parte 2: código alfa-3 está composta de códigos de tres letras, e foi desenvolvida non só para uso en terminoloxía canto tamén na documentación bibliográfica. Designa códigos para todas as linguas codificadas na ISO 639-1 e "moitas outras linguas que contan con corpos de literatura significativos"; tamén especifica códigos para grupos lingüísticos, "cubrindo indirectamente todas, ou case, as linguas do mundo"; por fin, existen códigos para lingua indeterminada (und), para múltiplas linguas (mul), e reservados para uso local (qaa-qtz). Só discrimina variacións lingüísticas que poidan ser caracterizadas pola forma escrita, de forma que o cantonés e o mandarín, por exemplo, son ambos codificados baixo zho/chi (chinés).
Existen 22 linguas, incluíndo o chinés, para as cales existen un par de códigos de tres letras. O primeiro código, denominado ISO 639-2/B, foi derivado dos códigos de lingua usados no MARC 21, un proxecto de informatización de catálogos bibliográficos. No caso desas dúas 22 linguas, o código difería significativamente daquel especificado na ISO 639-1, sendo entón creados códigos ISO 639-2/T (de terminoloxía). Para evitar confusións, un código "B" non pode ser reaproveitado como "T" ou viceversa. Todas as linguas con máis dun código ISO 639-2 teñen, necesariamente, un código ISO 639-1.
As seguintes partes aínda están en fase de bosquexo:
ISO 639-3 (Alpha-3 code for comprehensive coverage of languages), código de tres letras abranguendo "macrolinguas" (como o chinés) e linguas individuais (como o portugués), mais non colectivos (como o náhuatl); en desenvolvemento pola SIL International, con informacións procedentes tanto do Ethnologue (publicado pola propia SIL International) como do Linguist List.
ISO 639-4 (Implementation guidelines and general principles for language coding), "Normas de implementación e principios xerais de codificación de linguas".
ISO 639-5 (Alpha-3 code for language families and groups), "Código alfa-3 para familias e grupos de linguas".
ISO 639-6 (Alpha-4 representation for comprehensive coverage of language variation), "Representación alfa-4 para cobertura ampla de variación lingüística".