O pangasinés ou pangasiano é unha das principais linguas de Filipinas. É falada polos habitantes da provincia de Pangasinan, na costa oeste da illa de Luzón, ó longo do golfo Lingayen, a parte norte de Tarlac e o suroeste de La Union, a maioría dos cales pertence ó pobo pangasinés. É entendida noutros lugares como Benguet, Nueva Ecija, Nueva Vizcaya. No 2012, era unha das principais linguas de Filipinas, sendo estudado formalmente nas escolas e nas universidades.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Lorenzo Fernández Cosgaya. Diccionario pangasinán-español e Vocabulario Hispano-pangasinán (Colexio de Santo Tomás, 1865). Dispoñible en Internet na University of Michigan's Humanities Text Initiative.
- Anastacio Austria Macaraeg. Vocabulario castellano-pangasinán (1898).
- Mariano Pellicer. Arte de la lengua pangasinán o caboloan (1904).
- Felixberto B. Viray. The Sounds and Sound Symbols of the Pangasinan Language (1927).
- Corporación de PP. Dominicos. Pasion Na Cataoan Tin JesuChristo (U.S.T. Press, 1951).
- Paciencia E. Versoza. Stress and Intonation Difficulties of Pangasinan Learners of English (1961).