Luzón é o nome da maior e máis importante, tanto política como economicamente, illa de Filipinas e un dos tres grandes grupos de illas do país, sendo os outros dous Visayas e Mindanao. Como grupo de illas inclúe a propia illa de Luzón, Batanes e Babuyan ao norte, as illas de Catanduanes, Marinduque, Masbate, Romblon e Mindoro no sur. As illas de Palawan, que historicamente pertencían á rexión administrativa de Luzón, transferiuse á Rexión VI Visayas Occidental), na illa de Visayas, en 2005[1].
Luzón ten unha área de 104.688 km², o que a converte na décimo sétima maior illa do mundo. Nela atópanse tanto a capital do país, Manila, como a cidade máis poboada, Quezón. Trátase dunha illa montañosa. Ao oeste atópase o Mar da China meridional, ao leste o Mar de Filipinas e ao norte o Estreito de Luzón.
Nos mapas antigos recibía o nome de Luçonia ou Luçon e os seus habitantes eran chamados Luçoes. Historicamente, Luzón era coñecida tamén como Nova Castela.
Historia
As illas Filipinas, e especialmente Luzón, estiveron unidos por pontes de terra ao resto de Asia, a través dos cales os indíxenas aetas arribaron ás illas, hai máis de 15.000 anos.
Os austronesios provenientes de Taiwán chegaron ao norte de Luzón durante a grande expansión austronesia, ao redor do 2500 adC, para posteriormente estenderse polo resto de Filipinas e o sueste asiático marítimo.
Durante a guerra filipino-estadounidense, as forzas estadounidenses combateron ás guerrillas filipinas en varias partes da illa. En 1901 o xeneral J. Franklin Bell declarou ao xornal New York Times que "Unha sexta parte dos habitantes de Luzón foran asasinados ou morreran a causa do dengue nos dous últimos anos. A perda de vidas foi grande, pero penso que ningún home foi asasinado agás cando a súa morte serviu para os lexítimos propósitos da guerra. É necesario adoptar o que outros países probablemente houbesen pensando era unha medida severa, pero o filipino é difícil e astuto e debe ser combatido cos seus mesmas armas."[2].
O 8 de decembro de 1941, a aviación xaponesa ataca as bases norteamericanas en Luzón, lanzando unha campaña que ía dar pé á aterraxe de forzas de ocupación xaponesas en varias partes da illa. As maiores aterraxes producíronse no golfo de Lingayen o 22 de decembro. Debido á superioridade das forzas xaponesas, as tropas filipinas e estadounidenses comezaron unha serie de retiradas por fases cara á península de Batán, onde esperaban poder resistir ata que chegasen reforzos de Estados Unidos e evitar o uso polos xaponeses da baía de Manila a través do control da illa do Corrixidor na punta sur de Batán. A batalla de Batán tivo lugar durante varios meses, pero as forzas filipinas e estadounidenses foron finalmente atafegadas pola superioridade xaponesa. As forzas xaponesas completaron a ocupación de Luzón, a pesar de que eran hostigadas polas guerrillas filipinas e norteamericanas, en moitos casos loitando nos mesmos lugares onde as forzas dos Estados Unidos foron acosadas durante a guerra Filipino-Americana
Tras as primeiras aterraxes nas illas de Leyte e Mindoro, forzas dos Estados Unidos llegarón a Luzón, no golfo de Lingayen, o 9 de xaneiro de 1945. Seguindo a mesma ruta cara ao sur que tomaron os xaponeses entre 1941 e 1943 avanzaron cara a Manila e loitaron contra os xaponeses na Batalla de Manila desde febreiro a marzo dese mesmo ano. As tropas norteamericanas tamén aterraron en moitos outros sitios da illa e dirixiron os seus esforzos a liberar os prisioneiros de guerra dos campos de Cabanatuan e de Los Baños. Debido ao avance dos americanos, as forzas xaponesas retiráronse ás montañas de Luzón desde onde combateron longamente contra as forzas estadounidenses durante o verán de 1945. Luzón e o resto de Filipinas foron oficialmente liberados o 5 de xullo de 1945.
División administrativa
A illa de Luzón está dividida administrativamente en oito rexións e cada unha destas rexións en varias provincias. Os seus centros administrativos son simplemente unha formalidade sen maior relevancia que a de ser a cabeza das oficinas de turismo rexionais. O poder esta controlado polos gobernos provinciais.
Luzón ten unha extensión de 104.688 quilómetros cadrados, o que a converte na décimo quinta illa máis extensa do mundo. Cos seus 39 500 000 de habitantes é a quinta illa máis poboada do planeta. A capital de Filipinas, Manila, así como a cidade máis poboada, Quezón están situadas na illa así como a cidade. É unha illa moi montañosa na que está situado o Monte Pulag, a segunda montaña máis alta do país, e o famoso volcánMayon. A illa está rodeada polo Mar da Chinesa Meridional ao oeste, ao este polo Mar de Filipinas, ao norte polo Estreito de Luzón incluído o Canle de Babuyan e o de Balintang.
A maior parte da illa é aproximadamente rectangular ao que se engade ao sueste a Península de Bicol. Ao norte da illa atópase a maior cordilleira do país, a Cordilleira Central, o monte Pulag, atópase situado nela e ten unha altitude de 2.923 metros. Ao leste da Cordilleira Central atópase o Val do Cagayán producido polo río Cagayán, o maior río de Filipinas. Ao leste do val levántase a Serra Madre unha das máis longas do país.
A serra Madre esténdese pola parte central e sur da illa. Entre ela e as montañas Zambales ao oeste sitúase a chaira de Luzón Central. Esta chaira, cunha extensión de 11.000 km², é a maior produtora de arroz do país. Entre os ríos que regan esta chaira, os máis longos son o río Agno ao norte e o Pampanga ao sur. Na metade da chaira álzase solitario o Monte Arayat. Ao oeste, nas montañas Zambales, levántase o Monte Pinatubo, famoso polo seu enorme erupción ocorrida en 1991.
Os montes Zambales chegan ata o mar polo norte, formando o Golfo de Lingayen, fogar do Hundred Islands National Park. Tamén ao sur os montes esténdense ata o sur formando a península de Batán, a cal rodea a baía de Manila. Este porto natural é considerado cono un dos mellores portos naturais do leste de Asia, debido ao seu tamaño e á súa situación estratéxica.
Ao sur da baía de Manila atópase o maior lago do país, e tamén o maior lago interior do sueste asiático, a Lagoa de Bay. Este lago de 949 km² esta alimentado polo río Pasig na baía de Manila. O río Pasig é un dos ríos máis importantes do país debido á súa importancia histórica e debido tamén a que atravesa o centro do Gran Manila.
A 20 km² ao suroeste da Lagoa de Bay atópase o lago Taal, no suroeste da illa. Esta caldeira contén o volcán máis pequeno de Filipinas, Volcán Taal, que se alza na illa situada no medio do lago. Á súa vez o volcán ten un lago no seu cráter. Todos os arredores do lago Taal foron en parte dun gran volcán prehistórico que cubría a parte sur da provincia de Cavite, Tagaytay e a provincia de Batangas.
A parte sueste de Luzón está dominada pola península de Bicol, unha montañosa e estreita rexión que se estende aproximadamente 150 km ao sueste. Ao longo da península atópanse numerosos golfos e baías. No norte atópase a baía de Lamon, que contén a illa Alabat e que está ao sur das illas Polillo na provincia de Quezón.
Localizados na costa suroeste da península de Bicol atópanse as illas de Ticao, Burias e Masbate.
Demografía
Grupos étnicos
A poboación de Luzón, do mesmo xeito que a do resto de Filipinas, está dividida en varios grupos etnolingüísticos. Estes grupos habitan en diferentes areas da illa.
O español na illa tivo gran transcendencia na illa, debido principalmente a ilustrados (incluíndo ao propio José Rizal) así como ás autoridades do Imperio Español. O español foi a lingua da Revolución Filipina, e en 1899 a Constitución de Malolos proclamouno como lingua oficial. Con todo, o seu usou descendeu debido á ocupación estadounidense de Filipinas e á imposición do inglés.
↑Zaide, Sonia M. The Philippines, a Unique Nation. p. 50.
↑"How Filipinos Meet Death; Bullets and Fever Have Killed One-sixth of Luzon Natives in Two Years, Xene. Bell Says.". New York Times: 1. 1 de maio de 1901.