O tagalo[2] é unha lingua austronesia falada como primeira lingua por un cuarto da poboación de Filipinas e como segunda lingua por boa parte do resto dos seus habitantes.[3] É a lingua nativa dos tagalos, que predominan na rexión IV (Calabarzón e Mimaropa), de Bucalán e da Gran Manila. A súa forma estandarizada recibe o nome de filipino e é a lingua nacional e de facto unha das dúas linguas oficiais canda o inglés, contando con 24 216 000 de falantes nativos, deles 21 500 000 en Filipinas.[4]
Historia
Dado que non hai rexistros escritos do tagalo antes da chegada dos conquistadores casteláns no século XVI, sábese moi pouco sobre a historia da lingua. Porén, os lingüistas admiten, aínda que de xeito especulativo, que os antepasados dos tagalos teñen a mesma orixe que os "curmáns" filipinos centrais, ao nordeste de Mindanao ou ao leste de Visayas.
O primeiro libro coñecido escrito en tagalo é Doctrina Cristiana (doutrina cristiá) de 1593. Foi escrito en lingua castelá e dúas versións de tagalo: unha en baybayin (un alfabeto da rexión) e outra en alfabeto latino.
Durante os 300 anos da ocupación da Coroa de Castela, existían gramáticas e dicionarios escritos relixiosos cristiáns, como o Vocabulario de la lengua tagala (1835) e o Arte de la lengua tagala y manual tagalog'. para a administración dos Santos Sacramentos (1850).
O poeta Francisco "Balagtas" Baltazar (1788–1862) é a miúdo considerado como o Shakespeare do tagalo. A súa obra máis famosa é Florant at Laura, do século XIX.
Valoración
O tagalo é unha das linguas filipinas centrais da familia de linguas austronesias.
Está intimamente ligado ás linguas faladas nas rexións Bicol e Visayas, como bikol, hiligaynon, waray-waray e cebuano.
As linguas que influíron significativamente no tagalo son: o español, o chinés (hokkien), o inglés, as linguas malaias, o sánscrito (vía malaio), o árabe (vía malaio/castelán) e as linguas do nordeste de Filipinas, como o kapampangan que se fala na illa deLuzón.
Distribución xeográfica
A área de uso do tagalo (Katagalugan) esténdese máis nas partes central e sur da illa de Luzón, particularmente en Aurora, Bataam , Bulacan, Cavite, Laguna, Gran Manila, Nueva Écija, Quezón e Rizal. O tagalo tamén é falado nativamente polos habitantes das illas de Lubam, Marinduke e na parte norte e leste de Mindoro. Segundo o censo filipino de 2000, 21.485.927 dos 76.332.470 de filipinos adoptan o tagalo como lingua materna. Estímase que 50 millóns de filipinos o falan con distintos graos de competencia.
Os falantes de tagalo atópanse noutras rexións de Filipinas, así como en todo o mundo. É a sexta lingua máis falada en Estados Unidos.
Lingua oficial
Despois de semanas de estudo e discusión, o tagalo foi elixido como lingua oficial polo National Language Institute, un comité de sete membros que representa a varias rexións de Filipinas. O presidente Manuel Quezón fixo entón o tagalo a lingua nacional, ou wikang pambansâ, de Filipinas o 31 de decembro de 1937. Fíxose oficial coa restauración da independencia de Filipinas dos Estados Unidos o 4 de xullo de 1946.
De 1961 a 1987, o tagalo tamén foi coñecido como Pilipino. En 1987, o nome cambiou de facto a lingua filipina.
Desde 1940, o tagalo, como o filipino, ensínase nas escolas filipinas. É a única das 160 linguas filipinas que se ensina oficialmente nas escolas.
Dialectos
O Ethnologue enumera Lubang, Manila, Marinduque, Bataan, Batangas, Bulacan, Tanay-Paete e Tayabas como dialectos do tagalo. Non obstante, considéranse distintos catro dialectos principais: norte, central (incluíndo Manila), meridional e marinduque.
Aínda que os dialectos teñen as súas propias peculiaridades, en xeral son mutuamente intelixibles. O dialecto tagalo máis diverxente é o do marinduque; ten características que se atopan nas linguas de Visayas como diferentes afixos verbais.
As zonas rurais das áreas de fala tagalo adoitan usar o tagalo conservado, evitando as palabras en inglés e español en favor das contrapartes nativas de tagalo. Por exemplo, un falante de tagalog rural posibelmente diria: ''maaari mong ipaunawa sa akin?'' ("podería explicarmo?"), mentres os cidadáns urbanos, probabelmente expresaríam a mesma frase como ''pwede mong i-explain sa akin?''
Linguas derivadas
O contacto frecuente entre os falantes de tagalo e castelán foi a través do crioulo filipino ou chabacano. Hai tres variedades de chabacano baseadas no tagalo: Caviteño, Ternateño e Ermitaño. Dise que o ermitaño está extinto, porén 210.000 falan caviteño e/ou ternateño, segundo o censo de 2000.
Binaliktad
Nas zonas urbanas tamén é común o fenómeno da binaliktad (reversión). Os equivalentes noutras linguas é o verlan. Abaixo amósanse algúns exemplos:
- Erpat, de Pater (pai)
- Ermat, de Mater (nai)
- Sampits, de Pinsan (primo)
- Yosi, de sigarilYo (cigarro)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas