A lingua kanuri[2] é un continuo dialectal falado por aproximadamente catro millóns de persoas en Nixeria, Níxer, o Chad e o Camerún, como tamén por pequenas minorías no sur de Libia e por unha diáspora no Sudán. Pertence ao sub-filo sahariano occidental das linguas nilóticas.
O kanuri é unha lingua asociada cos imperios Kanem e Bornu, que dominaron a rexión do lago Chad durante mil anos. É hoxe falada principalmente nas terras baixas na bacía do Lago Chad. Foi unha lingua franca tradicional, mais recentemente o seu uso vén decaendo.
A maioría dos que a teñen como primeira lingua hoxe falan tamén o hausa ou o árabe. É utilizada en escolas primarias en Nixeria e en Níxer, sendo posible o seu estudo en nivel PhD.
Dialectos
Ethnologue divide o kanuri nas seguintes linguas, en canto que algúns lingüistas (Ex. Cyffer 1998) descríbenas como dialectos dunha única lingua:
- Kanuri Central
- Kanuri Manga
- Kanuri Tumari
- Canembu
SIL considera o kanuri unha Macrolingua ISO 639 que agrupa as tres primeiras, sendo o canembu outra lingua.
Escrita
O kanuri escribiuse co alfabeto ajami e árabe até o século XVII, especialmente en contextos de xustiza e relixiosos, desde os últimos catrocentos anos.[3] Máis recentemente vén sendo escrito no alfabeto latino nunha versión padronizada con base no dialecto maiduguri. A actual ortografía foi desenvolvida no inicio dos anos 70 e implementada en 1975 en Maiduguri, Nixeria.
Alfabeto
A ortografía estándar foi desenvolvida pola Unidade de Investigación Kanuri e polo Kanuri Language Board sobre comando do Visir Abba Sadiq da etnia bornu[4].
As letras utilizadas son: a b c d e ǝ f g h i j k l m n ny o p r ɍ s sh t u w y z[5]. Obsérvase a ausencia das letras latinas Q, W e X.
Fonoloxía
O kanuri presenta tres tons: alto, baixo e decrecente. Presenta un extenso sistema de enfraquecemento de consoantes - exemplo:, sa- "eles" + -buna "comeron" > za-wuna "eles comeron".
Gramática
A secuencia básica das palabras nas oracións en kanuri é Suxeito-Obxecto-Verbo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Norbert Cyffer, We Learn Kanuri (libro e 2 casetes de son), ISBN 3-927620-01-7, Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1993.
- Norbert Cyffer, English-Kanuri Dictionary, ISBN 3-927620-44-0, Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1994.
- Norbert Cyffer, A Sketch of Kanuri. Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1998.
Ligazóns externas