O afar[3][4] (qafar) é unha lingua cuxita falada en Etiopía, Eritrea e Djibuti por 1,4 millóns de persoas (censo de 2007),[1] do pobo afar.
Distribución xeográfica
Fálase na rexión de Afar, situada no leste de Etiopía, no norte e centro de Djibuti (na capital está en regresión), e en Eritrea na provincia do Sur do Mar Vermello.
Falantes
1 439 000 (2001)
- Etiopía: 979.367
- Djibuti: 300.000
- Eritrea: 160.000
Dialectos
Escrita
En 1814 Henry Salt na súa obra Voyage to Abyssinia, elabora a primeira lista de palabras afar. No século XIX e XX publícanse algúns libros de texto e relixiosos, en escritas baseadas no latín, no árabe e no etíope.
En 1976 Hamad Abdallah (Dimis) e Jemal Abdulkadir Redo da Union pour le Développement Culturel de Djibuti crean o alfabeto afar (Qafar Feera), baseado no alfabeto latino
A literatura actual esta composta principalmente por poesía (na súa maior parte de inspiración relixiosa) e contos inspirados na narrativa oral. Entre os autores destacan Cheikh Ay Farah Diné e Kabir Hamza Mahmoud
Uso social
O afar é a lingua empregada polos afar, un pobo tradicionalmente nómade, tan só entre os afar de Assab (Eritrea) e Djibuti hai perda lingüística. Nos tres países hai programas de radio en afar, e en Djibuti realízanse informativos de televisión en afar. Na rexión afar de Etiopía o ensino é en afar ata o 4º grao, en Djibuti emprégase o afar só en preescolar.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas