A lingua kabardina[2] (en kabardino: Адыгэбзэ, tamén chamada Къэбэрдей Адыгэбзэ ou Къэбэрдейбзэ) é unha das dúas linguas literarias do circasiano,[3][4] sendo a outra o adigueo, co cal está estreitamente relacionado. É falada polo pobo kabardino, principalmente en partes de Kabardino-Balkaria e Karachay-Cherkessia así como pola diáspora kabardina que habita nos Estados Unidos, Ucraína, Turquía, Siria, Xordania e Alemaña. Ten 47 ou 48 fonemas consonánticos, dos cales 22 ou 23 son fricativos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Gordon, Matthew e Applebaum, Ayla. "Phonetic structures of Turkish Kabardian", 2006, Journal of the International Phonetic Association 36(2), 159-186.
- Halle, Morris. "Is Kabardian a Vowel-Less Language?" Foundations of Language, Vol. 6, No. 1 (Feb., 1970), pp. 95–103.
- Kuipers, Aert. "Phoneme and Morpheme in Kabardian", 1960, Janua Linguarum: Series Minor, Nos. 8–9. 's-Gravenhage: Mouton and Co.