A área oseta en Rusia é coñecida como Osetia do Norte-Alania, mentres que a área sur é coñecido como Osetia do Sur, recoñecido como estado independente por Rusia, Nicaragua, Venezuela e Nauru, pero para a maioría da comunidade internacional forma parte de Xeorxia. O número total de falantes de oseto rolda os 577 450, dos cales 451 000 habitan na Federación Rusa segundo o censo de 2010.[6]
Desde a remota Antigüidade (séculos VII-VIII a.C.), as linguas do grupo iraniano espalláronse por un vasto territorio, que inclúe os actuais Irán (Persia), Asia Central, e o sur de Rusia. O oseto é o único sobrevivente do ramo nordeste das linguas iranianas coñecido como cítico. O grupo cítico inclúe diversas tribos da rexión, coñecidas nas fontes antigas como citas, masáxetas, sacas, sármatas, alanos e roxolanos. Os corasmos e os sogdianos tamén eran parentes próximos, en termos lingüísticos.
O oseto, xuntamente co kurdo, o tat e o talysh, é unha das linguas iranianas que ten unha comunidade grande de falantes no Cáucaso. Evolucionou a partir do alano, o idioma falado polos alanos, tribosmedievais, descendentes dos antigos sármatas; e acredítase que sexa o único sobrevivente da lingua sármata. A lingua máis próxima, xeneticamente, é o yaghnobi, falado no actual Tadjiikistán, único outro membro aínda existente do ramo iraniano oriental do norte.[7][8] O oseto forma o plural a través do sufixo -ta, unha característica que comparte co yaghnobi, o sármata e o sogdiano; isto é interpretado como evidencia dunha continuidade dialectal das linguas iranianas nas estepas da Asia Central. Os nomes das antigas tribos iranianas, derivadas do grego, reflicten esta pluralización: por exemplo, sármatas (Σαρομάται, transl.Saromátai) e masáxetas (Μασαγέται, Massaguétai).[9]
Unha tradución aproximada seria "K., fillo de S., fillo de I., fillo de B., fillo de A.; [este é] seu monumento."[10]
O outro único rexistro existente do proto-oseto son as dúas liñas de frases "alanas" que aparecen na Teogonía de Xoán Tzetzes, un poeta e gramáticobizantino:
—Τοῖς ἀλανοῖς προσφθέγγομαι κατά τήν τούτων γλῶσσαν Καλή ημέρα σου αὐθεντα μου αρχόντισσα πόθεν εἶσαι
Arriba, as porcións en itálico están en oseto. Alén dunha transliteración directa do texto grego, os estudosos tentaron facer unha reconstrución fonolóxica utilizándose das pistas que o texto grego ofrece; así, en canto o "τ" (tau) normalmente tería o valor do "t" latino, neste caso este corresponde ao "d", que, se cre, sería a maneira que os antigos osetas a pronunciaban. A transliteración académica das frases alanas é: "dæ ban xwærz, mæ sfili, (æ)xsinjæ kurθi kændæ" e "du farnitz, kintzæ mæ sfili, kajci fæ wa sawgin?"; posíbeis traducións no oseto moderno serían "Dć bon xwarz, me’fšini ‘xšinć, kurdigćj dć?" e "(De’) f(s)arm neč(ij), kinźi œfšini xœcc(œ) (ku) fœwwa sawgin". A pasaxe, traducida para o galego, sería:
—Aos alanos, saúdoos nas súa lingua: "Bo día a vostede, señora de meu amo, de onde son?" "Bo día a vostede, señora do meu amo, de onde son?" e outras cousas: Cando unha muller alana toma un padre como amante, oirás isto: "Non ten vergoña, miña señora, que un padre estea a foder a súa cona?"
"Non ten vergoña, miña señora, de ter un caso amoroso cun padre?"
Teorízase que, durante a fase do proto-oseto, o idioma pasou por un proceso de mudanzas fonolóxicas condicionadas por un Rhythmusgesetz, ou "lei de ritmo", a través da cal os substantivos foron divididos en dúas categorías, os que posuían acentos tónicos forte e os que posuían acentos tónicos fracos. Os substantivos que tiñam acentos fortes posuían unha vogal longa "pesada", e eran acentuados na primeira sílaba deste tipo a ocorrer na palabra; xa os substantivos de acento tónico fraco eran acentuados na súa sílaba final. Esta é precisamente a situación observada nos primeiros rexistros do oseto, presentados arriba.[12] O mesmo ocorre no oseto moderno, aínda que nel o acento tónico sexa influenciado pola "abertura" da vogal. O fenómeno tamén é notado nun glosario iásico datado de 1422.
Dialectos
Existen dous dialectos importantes do oseto: o iron e o digor, sendo o primeiro máis falado. O oseto escrito é facilmente recoñecido polo uso da letra æ, unha letra que non é utilizada por ningún outro idioma que adopta o alfabeto cirílico. Un terceiro dialecto do oseto, o xásico, foi falando na Hungría polo pobo iásico. A inmensa maioría dos osetos fala o dialecto iron ou ironiano, e a lingua literaria está baseada nel. O creador do idioma literario oseto é o poeta nacional Kosta Xetagurov (1859-1906).[7]
No decorrer dos séculos, a influencia e o intercambio cas linguas caucasianas, o oseto tornouse similar a elas nalgúns aspectos, especialmente na súa fonética e léxico. No entanto, o idioma mantivo a súa estrutura gramatical e seu vocabulario básico; o seu parentesco coas familias lingüísticas iranianas, a pesar de considerábeis diferenzas con elas, non pode ser posto en dúbida.[7]
O oseto preserva diversos aspectos arcaicos do antigo iraniano, tales como oito casos e prefixos verbais.[13] Os oito casos non son, no entanto, os casos indo-iranianas orixinais, que acabaron erodindo debido ás mudanzas na fonoloxía. Os casos modernos do oseto, coa excepción do nominativo, derivan todos dun único caso obliquo que sobreviviu do antigo iraniano e acabou fragmentándose en sete novos casos polos falantes de oseto. Isto sería unha reminiscencia do tocariano.
Despois da conquista rusa, o oseto, que até entón non posuía unha forma escrita, pasou a ser grafado no alfabeto cirílico; o primeiro libro en oseto en cirílico foi publicado en 1798. Ao mesmo tempo, o alfabeto xeorxiano era utilizado nalgunhas rexións ao sur do Cáucaso: en 1820 unha apostila foi publicada onde o alfabeto xeorxiano era modificado por tres letras especiais; esta escrita estivo en uso no territorio de Osetia do Sur de 1937 a 1954.
Os dígrafos que representaban un só fonema tamén eran utilizados no alfabeto latino (ch, čh, th, dž e outros). O son æ (AFI: /æ/) é extremamente común no idioma, un aspecto que comparte co persa.
Aínda que agora o oseto sexa a lingua oficial tanto en Osetia do Norte como en do Sur (xuntamente co ruso), o seu uso oficial limítase á publicación das novas leis nos xornais publicados no idioma.
Existen, hoxe en día, dous xornais diarios en oseto: Ræstdzinad (Рæстдзинад, "Verdade"), en Osetia do Norte, e Xurzærin (Хурзæрин, "O Arco da Vella"), en Osetia do Sur. Algúns xornais menores, como xornais distritais, utilizan o oseto para artigos illados. Existe unha revista mensual, Max dug (Мах дуг, "A nosa era"), dedicada principalmente á ficción e á poesía en oseto.
O oseto é ensinado nas escolas secundarias para todos os alumnos. Os falantes nativos do idioma tamén poden facer cursos de literatura oseta.
↑Lubotsky, Alexander (2010). Van Sanskriet tot Spijkerschrift Breinbrekers uit alle talen. Ámsterdam: Amsterdam University Press. p. 34. ISBN9089641793.
↑ 7,07,17,2Abaev, V. I. A Grammatical Sketch of Ossetic translated by Stephen P. Hill and edited by Herbert H. Paper, 1964
[1]
↑Thordarson, Fridrik. 1989. Ossetic. Compendium Linguarum Iranicarum, ed. by Rudiger Schmitt, 456-79. Wiesbaden: Reichert. [2]
↑Ronald Kim, "On the Historical Phonology of Ossetic: Origins of the Oblique Case Suffix,"Journal of the American Oriental Society, Xan-Mar2003, Vol. 123 Issue 1, p. 69
↑op. cit., pp. 55-6. O orixinal traduce apenas as iniciais; presumiblemente, isto sería porque aínda que as formas non declinadas poden ser deducidas, ningún rexistro escrito delas foron encontrados.
↑Ladislav Zgusta, "The old Ossetic Inscription from the River Zelenčuk" (Veröffentlichungen der Iranischen Kommission = Sitzungsberichte der österreichischen Akademie der Wissenschaften. Philosophisch-historische Klasse 486) Wien:Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, 1987. ISBN 3-7001-0994-6 em Kim, op.cit., 54.
↑Ronald Kim, "On the Historical Phonology of Ossetic: Origins of the Oblique Case Suffix,"Journal of the American Oriental Society, Jan-Mar2003, Vol. 123 Issue 1, p. 47