Como letra do alfabeto latino do inglés antigo chamouse æsc, "freixo,"[1] pola runaᚫ que transliterou; o nome tradicional en inglés aínda é ash ou æsh.
Uso
En latín a combinación AE denota o ditongo |ae̯|.[2] A práctica habitual era escribir as letras por separado, mais a ligadura empregouse en textos medievais e modernos, en parte pola redución de æ á vogal simple |ɛ|durante o Imperio Romano. Nalgúns escritos medievais a ligadura simplificouse a ę, un e con ogonek, chamado e caudata.
En francés emprégase para escribir préstamos latinos e gregos como curriculum vitæ, et cætera, ex æquo ou o nome Lætitia.
En variantes da lingua feroesa pronúnciase segundo os casos |ɛa|, |eː| ou |a|.
En islandés representa o ditongo |ai|, que pode ser longo ou curto.
En dinamarqués e noruegués é unha letra separada do alfabeto situada entre o z e o ø e o å. En noruegués pode pronunciarse |æː|, |æ|, |eː| ou |e| e en dinamarqués |ɛ| ou |æ|.
En oseto empregouse entre 1923 e 1938 cando se escribiu con alfabeto latino. Dende entón úsase a letra idéntica Ӕ e ӕ do alfabeto cirílico. Pronúnciase |ə|.
Emprégase tamén na ortografía oficial do kawésqar e do yámana.
Notas
↑Harrison, James A.; Baskervill, W. M., eds. (1885). "æsc". A Handy Anglo-Saxon Dictionary: Based on Groschopp's Grein. A. S. Barnes. p. 11.
↑James Morwood (1999). Latin Grammar, Oxford University Press. ISBN978-0-19-860199-9, p. 3