O xásico (en húngaro jász, en ruso jas) era en realidade un dialecto do oseto antigo ou alano falado por unha tribo alana nómade asentada en Hungría no século XIII. Xásico vén do iranio: Iyasi<Asi<As = alano. Esta última derivación pasa á lingua xeorxiana coma Os > Osset e de aí pasa ao ruso moderno coma oseto, por iso se lles chama osetos aos alanos de Iristán (Osetia), sendo preferible seguir a etimoloxía autóctona IR = alano.
O pobo xásico entrou en Hungría xunto cos cumanos, fuxindo da presión dos tártaros. Foron admitidos polo rei húngaro Béla IV coa esperanza de poderían axudarlles na loita contra a invasión dos tártaros, pero a relación non foi boa entre a nobreza húngara e as tribos cumana-xásicas tendo que abandonar o país. Tras o fin da ocupación tártara regresaron e asentáronse na parte central da Chaira húngara.
Durante os dous séculos seguintes foron asimilados pola poboación húngara e a súa lingua desapareceu, pero a identidade xásica consérvase, e parece ser que chegan a manter unha certa autonomía ata 1876.
Preto dunha ducia de poboacións no centro de Hungría conservan aínda o nome da tribo: Jászberény, Jászárokszállás, Jászfényszaru etc.
A única mostra literaria en lingua xásica foi atopada nos anos 50 na Biblioteca Nacional Húngara de Széchényi. Grazas ás analoxías co iriano moderno (oseta) a lingua puido ser interpretada.
Relación entre o alano xásico e o iriano moderno
A maioría das palabras xásicas son facilmente identificables co iriano:
Xásico
|
Iriano
|
Digoriano
|
Galego
|
Асса |
асс |
ассæ (parrulo salvaxe) |
parrulo
|
Ban |
bon |
bon |
día
|
Basa |
bas |
basæ |
«похлебка»,
|
Вах |
bæх |
bæх |
cabalo
|
Carif |
sarv |
carv |
aceite
|
Cugan |
|
cigon |
pucheiro
|
Dan |
don |
don |
auga
|
Da |
dæ |
dæ |
teu
|
Docega |
dusgæ |
docgæ (vaca) |
vaca "дойная корова'
|
Fit |
fyd |
fid |
carne
|
Fus |
fys |
fus |
ovella
|
Gal |
gal |
gal |
touro
|
Gist |
|
ængezun «бродить», ængist "que comezou a fermentar" |
requeixo
|
Hecav |
xisaw |
xecaw |
dono
|
Huvar |
xor |
xwar |
millo
|
Huvas |
xos |
xwasæ |
feo (planta)
|
Jaika |
ajk |
ajka |
ovo
|
Каркеn |
kæf |
|
peixe, caviar
|
Каrак |
kаrk |
kаrk |
galiña
|
Karbac |
kcervæz (вид ячменя) |
|
cebada
|
Kasa |
kash |
kasæ |
— «каша»,
|
Kurajna |
kwyroj |
kurojnæ |
muíño
|
K’ever |
k’æbær |
k’æbær |
pan
|
Manavona |
mænæw |
mænæwæ |
trigo
|
Na |
næ |
næ |
noso
|
Odok |
widyg |
jedug
|
Oras |
|
wæras |
— «квас»,
|
Osa |
us |
osæ |
muller
|
Qaz |
qazh |
qaz |
ganso
|
Sabar |
|
|
«овес»
|
Saka |
sægh |
sæghæ
|
Sana |
sæn |
sænæ |
viño
|
Tabac |
tæbæg' |
tæbæg' |
prato
|
Vas |
|
wæss |
— «теленок»,
|
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
- www.Iratta.com [1] Páxina sobre os alanos antigos e modernos (en ruso).