Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Osetia do Norte-Alania[1] ás veces tamén escrito Ossetia do Norte-Alania,[2] (en rusoРеспу́блика Се́верная Осе́тия–Ала́ния, Respúblika Sevèrnaia Osètia-Alània; en osetoЦӕгат Ирыстоны Аланийы Республикӕ, Căgat Irystony Alanijy Respublikă) é unha república caucásica da Federación Rusa. Ten unha extensión de 8.000 km² e unha poboación de 678.600 habitantes (2000). A súa capital é Vladikavkaz (en oseto Дзæуджыхъæу ("Dzæudjyqæu") «Vila (asentamento) dos Dzaus ou Dzaugas». Os osetos falan unha lingua próxima ó persa chamada oseto, alano ou iratí. Existe tamén en Xeorxia outra república de osetos denominada Osetia do Sur, ademais dalgún municipio ao sur de Xeorxia.
O territorio de Osetia do Norte, unha rexión agrícola moi fértil e parte dunha ruta comercial clave a través das montañas do Cáucaso, estivo habitado durante moitos anos por tribos Vainakh. Os antepasados dos actuais osetos, os alanos, eran un pobo de lingua persa, nómades e belicosos, que se instalaron no Cáucaso arredor do século VII. Dous séculos máis tarde foron cristianizados polos misioneros bizantinos, e estableceuse o arcebispado de Alania Occidental, baixo a autoridade do Patriarcado de Constantinopla.
Alania foi asemade un reino forte no Cáucaso, que se beneficiou en gran parte da famosa Ruta da Seda cara á China, que pasaba a través do seu territorio. Dende a Idade Media, Alania foi moi codiciada polos seus inimigos e coñeceu numerosas invasións. As dos mongois e dos tártaros no século XIII decimaron a poboación, que entón xa recibía o xentilicio de osetos (que ven a través da lingua xeorxiana e que pasa ao ruso, e de aí ao restos das linguas occidentais). No século XVII introduciuse o islam. As incursións do Xanato de Crimea e do Imperio Otomán forzaron a Osetia/Iristán a unha alianza con Rusia no século XVIII.
Dominación rusa e era soviética
En 1806 Osetia/Iristán era xa a primeira grande área do Cáucaso que vai estar baixo dominación rusa, iniciada coa fundación de Vladikavkaz como o primeiro encrave militar ruso.
A disolución da Unión Soviética trouxo tensións étnicas entre os osetos, que víronse divididos entre a República de Osetia do Norte - Alania (1991), na Federación Rusa, e Osetia do Sur, en territorio de Xeorxia. En decembro de 1990 Xeorxia aboliu a autonomía de Osetia do Sur, provocando unha fuxida de poboación local cara a Osetia do Norte, acentuando as tensións étnicas cos inguxios no distrito de Prigorodni. O conflito na veciña Chechenia tamén ten afectado bastante a Osetia do Norte, como se puxo de manifesto no asalto á escola de Beslan con máis de 300 vítimas civís.
Demografía
Poboación: 710,275 (2002)
Urbana: 464,875 (65,5 %)
Rural: 245,400 (34,5 %)
Masculina: 336,035 (47,3 %)
Feminina: 374,240 (52,7 %)
Grupos étnicos
A poboación oseta da república é fundamentalmente cristiá cunha minoría que practica uatsdin e o islam.
Segundo o Censo ruso (2002), os osetos son o 62.7% da poboación da república. Outros grupos inclúen ós rusos (23.2%), inguxios (3.0%), armenios (17,147, o 2.4%), kumyks (12,659, o 1.8%), xeorxiáns (10,803, o 1.5%), ucraínos (0.7%), chechenos (3,383, o 0.5%), e outras minorías cada unha delas de menos do 0.5% do total da poboación; na que hai que incluír os digoreses do distrito de Digora. 3,283 persoas (0.5%) non indicaron nacionalidade no censo.
A parte da capital Vladikavkaz, baixo xurisdición da república, Osetia do Norte está dividida nos seguintes distritos e as correspondentes capitais administrativas:
Malia ter o peso económico de acoller unha poboación de refuxiados importante, Osetia do Norte é a economía máis desenvolvida do Cáucaso Norte. É o territorio máis urbanizado e máis industrializado, con fábricas de metais (chumbo, cinc, tungsteno etc...), electrónica, produtos químicos e alimentos. A produción rural baséase sobre todo no gando, especialmente ovellas e cabras, e no cultivo de gran, froita e algodón.
Notas e referencias
↑Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 213. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1529. ISBN9788482893600.