Sumerio eme-ĝir
|
Falado en:
|
Sumeria e Acadia |
Extinción:
|
1800 aC
|
Familia:
|
Lingua illada Sumerio
|
Códigos de lingua
|
ISO 639-1:
|
--
|
ISO 639-2:
|
sux |
ISO 639-3:
| sux
|
Mapa
|
|
Status
|
|
|
O sumerio[1] (𒅴𒂠, eme-ĝir) tal e como se falou no antigo imperio sumerio é unha lingua que desapareceu e caeu no esquecemento ata o século XIX, distinguíndose así das outras linguas faladas na rexión, como o hebreo, o acadio, o babilonio, o asirio, todas linguas semíticas.
O sumerio é a primeira lingua escrita que coñecemos. A súa escrita, o cuneiforme (que significa «en forme de cuña») foi logo reutilizada polo acadio, o ugarítico, e o elamita. A escritura cuneiforme foi mesmo empregada por algunhas linguas indoeuropeas, como o hitita (que paralelamente tiña unha escritura xeroglífico) e o persa antigo, se ben estes últimos non se serviron dos mesmos instrumentos para gravar os signos, afastándose así da grafía orixinal. En efecto, o persa só empregou a forma da escritura, mentres que a pronunciación dos signos xa non tiña nada que ver co sistema orixinal.
O sumerio é unha lingua aglutinante, o cal significa que cada palabra está formada por múltiples morfemas asociados uns aos outros; oponse así ás linguas illantes como o chinés (onde cada palabra ten só unha forma fixa) e ás linguas flexivas, onde as palabras se declinan en formas diferentes a través do uso de afixos que non poden separarse da raíz. Atopamos en sumerio un emprego importante de palabras compostas: así por exemplo a palabra lugal que significa «rei» está formada pola unión das palabras lu «home» e gal «grande».
Tamén é unha lingua ergativa, o que significa que o suxeito, dun verbo transitivo está declinado no caso ergativo, que se marca con -e. O suxeito dun verbo intransitivo e o obxecto directo dun verbo transitivo van en absolutivo, que en sumerio (como na maior parte das linguas ergativas) está marcado por un sufixo (ou mesmo o que se chama «sufixo cero», como en lugal-e é mu-dù «o rei construíu unha casa/un templo/un palacio»; lugal ba-gen «o rei partiu»).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- M.-L. Thomsen, The Sumerian language: An introduction to its history and grammatical structure, Akademisk Forlag, 1987
- D.O. Edzard, Sumerian Grammar, Handbuch der Orientalistisk, Brill, 2003
- Rafael Jiménez Zamudio, Gramática de la lengua sumeria, Ediciones clásicas, Madrid, 1998.
Ligazóns externas
- Dictionnaire Freelang Dicionario sumerio-francés/francés-sumerio.
- Sumerian lexicon Léxico sumerio-inglés, organizado por tipos de sílaba.
- The Pennsylvania Sumerian Dictionary (PSD) Léxico matricial, consultábel por entradas sumerias, transliteracións, nomes de signo, acadio, inglés.
- Cuneiform Digital Library Initiative (cdli) Coleccións dixitais de textos cuneiformes, con fotografía e/ou transliteracións.
- The Electronic Text Corpus of Sumerian Literature Corpus electrónico da Universidade de Oxford.
- Liste des signes cunéiformes sumeriens[Ligazón morta] Nomes dos signos, representacións dos cuneiformes, transliteracións, valores.