Linguas papúas

A distribución das linguas papúas, en vermello.

As linguas papúas[1] son un conxunto de linguas faladas na illa de Nova Guinea e as illas do pacífico por arredor de 4 millóns de persoas, e que non se poden clasificar como linguas austronesias nin como linguas aborixes de Australia.[2] O termo non implica nin presupón unha relación xenética entre as linguas papúas, que se contan en máis de 780 agrupadas en varias familias e macrofamilias cuxa clasificación precisa ser mellorada con datos descritivos sobre máis linguas. O concepto de pobos papúas como pobos diferentes dos melanesios foi suxerido por primeira vez por Sidney Herbert Ray en 1892.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papúa.
  2. "Papuan". www.languagesgulper.com (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!