O romaní[2] é a lingua propia do pobo xitano (rom). É unha lingua indoeuropea, orixinaria da zona noroeste da antiga India e o centro de Paquistán, enriquecida con palabras prestadas das linguas que se falaban nos países polos que os xitanos foron pasando. Calcúlase que ten máis de 1.000 anos de existencia e que se desenvolveu en diversos países de Europa e mais en Turquía.
O 5 de novembro celébrase o Día Internacional da Lingua Romaní. Foi proclamado en 2015 pola UNESCO co obxectivo de fomentar a preservación do idioma e a cultura romaníes e mellorar o benestar do pobo romaní.[3]
Protección en Europa
A linguas romanís son linguas minorizadas polas linguas dominantes coas que conviven. Varios estados pertencentes ao Consello de Europa (organismo que agrupa a tódolos Estados de Europa agás Belarús por falta de garantías democráticas e Kosovo por ser recente a súa independencia e non estar recoñecido por todos) asinaron o tratado internacional Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias comprometéndose a protexer esta lingua.
Neste tratado cada Estado escolle as linguas a protexer e en que medida. Os que inclúen a protección ao romaní son:
Alemaña, Austria, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Montenegro, Países Baixos, Romanía,
Serbia e Suecia.
Polo contrario, queda sen protexer a lingua en comunidades romanís de: Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Chequia, España, Estonia, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Moldavia, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suíza, Turquía e Ucraína.
Exemplos
- Sastipe. Ola.
- Sar son. Que tal?
- Con son. Quen es?
- So keres. Que estás a facer?
- Pa chiv tuka. Grazas
- Ni eve tuka. Benvido!
- Katar aves. De onde es?
- Sar buchhos tuke?/So chero nav?. Como te chamas?
- May buchhov. Chámome...
- Va/ya. Si
- Na. Non
- Kai chi familia. Está a túa familia contigo?
- Kai zash. Onde vas?
- Chi pachave tut. Non te entendo
- Hacheres man?. Enténdesme?
- Hidee mansa. Ven comigo
- Ava kari/Hidee cutka. Ven aquí
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas