--
—
As linguas indoiranias constitúen, de entre as ramas lingüísticas indoeuropeas, aquel que se estende, xeograficamente, máis a oriente. Son chamadas tamén linguas arianas[1].
Inclúe os subgrupos das linguas indoarias e das iranias. Os falantes da lingua protoindoirania, os hipotéticos protoindoiranios, están xeralmente asociados á cultura de Sintashta-Petrovka, na Asia Central, que se desenvolveu durante o terceiro milenio a.C.. Crese que a súa expansión está asociada á invención do carro.
Actualmente son faladas no sur de Asia e no subcontinente indio. Son cerca de trescentas linguas divididas en catro grupos: