A lingua cingalesa[2] (en cingalés: සිංහල; singhala [ˈsiŋɦələ]),[3] é a lingua nativa do pobo cingalés, que representa o meirande grupo étnico de Sri Lanka, representando uns 16 millóns de persoas. O cingalés tamén é falado como segunda lingua por outros grupos étnicos de Sri Lanka, sendo un total de catro millóns de persoas.[4] Pertence á póla indoaria das linguas indoeuropeas. O cingalés ten o seu propio sistema de escritura, o alfabeto cingalés, que é un dos alfabetos bráhmicos, un descente do antigo brahmi indio estreitamente relacionado co alfabeto kadamba.[5]
O cingalés é unha das linguas oficiais de Sri Lanka. Xunto coa lingua pali, xogou un papel principal na literatura budista theravada.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Gair, James: Sinhala and Other South Asian Languages, Nova York 1998.
- Gair, James and Paolillo, John C.: Sinhala, München, Newcastle 1997.
- Geiger, Wilhelm: A Grammar of the Sinhalese Language, Colombo 1938.
- Karunatillake, W.S.: An Introduction to Spoken Sinhala, Colombo 1992 [several new editions].
- Clough, B.: Sinhala English Dictionary, 2nd new & enlarged edition, New Delhi, Asian Educational Services, 1997.