Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
falta información da bibliografía indicada nas notas
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.(Desde febreiro de 2017)
Aínda que se adoita considerar como unha única rama que se diversificou a partir dun estadio común ou protoitálico, posterior ao período protoindoeuropeo, algúns autores dubidan desta filiación común[1]. Todas as linguas itálicas comparten un bo número de isoglosas comúns; así, todas elas son linguas centum que non presentan palatalización das (palato)velares indoeuropeas /*k, *kw, *g, *gh, *ghw/. Curiosamente, as linguas romances si presentan unha palatalización posterior dos fonemas latinos /k, g/, aínda que só ante fonemas anteriores /ε,e,i/.
Ligazón morta]] Linguas da Italia prerromana][Ligazón morta].
Características comúns
Actualmente o termo linguas itálicas úsase para referirse a un conxunto de linguas indoeuropeas que comparten un certo número de trazos comúns e que tras un período longo de convivencia común sufriron un certo proceso de converxencia[2].
Con todo, autores como Silvestri [3] e Rix[4] argumentan que non existiu un proto-itálico común reconstructible, que cumpra estas dúas condicións:
Debería ter un sistema fonolóxico que explicase o do latín e as linguas osco-umbras simultaneamente mediante cambios fonéticos posteriores.
Debería representar unha fonoloxía e morfoloxía que presentase cambios respecto ao estado común indoeuropeo.
Do mesmo xeito que a teoría obsoleta do italo-céltico común, moitos autores refugaron a idea de que todas as similitudes das linguas itálicas débanse á existencia dun estadio lingüístico chamado itálico común, de cuxa diversificación xurdisen as linguas. De feito varios autores propuxeron explicar algunhas da características comúns como un fenómeno de Sprachbund que afectaría á chamada área lingüística medio-itálica.