A Península Itálica está unida ao tronco central do continente europeo pola cadea dos Alpes. Grazas á súa posición, constitúe unha ponte de paso entre Europa, Asia e África. A Península Itálica está bañada polo mar da Liguria e polo mar Tirreno pola costa occidental, polo mar Xónico pola costa oriental e o Adriático pola costa sur.
No suroeste da península está Calabria e está separada da illa de Sicilia polo estreito de Messina. Entre Sicilia e África distan 140 km.
División política e administrativa da Península Itálica
A rexión física da Península Itálica, non corresponde exactamente coa extensión do Estado italiano, e non só os italianos ocupan este espazo. Dentro da Península Itálica está: