A lingua sindhi[4] (سنڌي, सिन्धी, ) é unha lingua indoaria da histórica rexión de Sind, falada polo pobo sindhi. É a lingua oficial da provincia de Sind, Paquistán.[5][6][7] Na India, o sindhi é unha das linguas oficialmente recoñecidas polo goberno federal. Ten influencias da lingua baluchi e da lingua kutchi faladas nas provincias adxacentes de Baluchistán e Kachchh.
A maioría dos falantes de sindhi concéntranse en Paquistán, na provincia de Sind, e na India, na rexión Kachchh do estado de Gujarat e na rexión de Ulhasnagar do estado de Maharashtra. Os falantes da India compóñense por sindhis hindús que migraron dende Sind e se asentaron na India despois da independencia de Paquistán en 1947, e tamén pola diáspora sindhi en todo o mundo. A lingua sindhi tamén é falada por comunidades sindhi de Hong Kong, Omán, Indonesia, Singapur, os Emiratos Árabes Unidos, o Reino Unido e os Estados Unidos de América.[8]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Chopra, R. M., The Rise, Growth And Decline of Indo-Persian Literature, 2012, Iran Culture House, New Delhi, Chapter on"Persian in Sindh".
- Cole, Jennifer S (2001). H W Wilson, ed. Facts About the World's Languages. pp. 647–653. ISBN 0-8242-0970-2.
- International Phonetic Association. 1999. ISBN 0-521-63751-1.
- Khubchandani, Lachman M (2003). Routledge, ed. The Indo-Aryan Languages. pp. 622–658. ISBN 978-0-415-77294-5.
- Shackle, Christopher (2007). Language and national identity in Asia. Oxford linguistics Y. ISBN 978-0-19-922648-1.
- Trumpp, P (1872). Trübner and Co, ed. Grammar of the Sindhi Language. Londres. ISBN 81-206-0100-9.