O lozi, tamén coñecido como silozi e rozi, é unha lingua bantú da familia níxer-congo, falada por grupos étnicos específicos de Botswana, Namibia, Zambia e Zimbabwe.
Estímase que é falado por unhas 700 000 persoas, a maioría delas habitantes de Zambia, onde o fala cerca do 6 % da poboación (aproximadamente 560 000 persoas).