Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Bambara.
A lingua bambara (Bamanankan) é un idioma falado en Malí, por 10 millóns de persoas, dos cales 270.000 pertencen á etnia bambara, polo tanto a maioría usan o bambara como lingua interétnica no país. Existen algúns falantes en Burkina Faso, Costa do Marfil e Gambia. Tivo ao longo do tempo distintos sistemas de escritura, ademais da latina.
Escrita
A primeira, chamada Ma-Sa-Ba, foi desenvolvida por Woyo Couloubayi, da rexión de Kaarta en 1930. Tiña un total de 123 caracteres, sendo progresivamente abandonada.
Posteriormente naceu o N'Ko, un alfabeto ideado por Solomana Kante en 1949 como sistema de escritura para as linguas mandés do oeste de África; N'Ko significa Eu digo en todas as linguas mandés.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Linguas externas