Pouco se coñece da historia da Costa do Marfil antes da chegada dos portugueses na década de 1460. Os principais pobos da rexión eran os kru, orixinarios de Liberia e os senoufo e os lobi, orixinarios de Burkina Faso e Malí. Nos séculos XVIII e XIX ocorreu unha migración de pobos de etnía Akan, que migraron de Ghana, e os Malinké, da actual Guinea.
Francia interesouse pola rexión na década de 1840, e estableceu contactos con xefes locais para ter o monopolio de comercio na área. Costa do Marfil foi colonia francesa ata o 1960 en que obtivo a independencia.
Entre 2002 e 2004 o país viviu unha Guerra civil: O norte rebelouse. 10.000 cascos azuis da ONUCN (Forza de Paz da ONU na Costa do Marfil), entre eles 4600 soldados franceses, foron posicionadas entre os belixerantes. A ONU interveu impoñendo sancións ao país por medio da Resolución 1761 do Consello de Seguridade.
O seu presidente-fundador foi Félix Houpbouët-Boigny ata 1993. Os seus sucesores foron, por orde :
Costa do Marfil ofrece unha gama variada de paisaxes, desde a sabana desértica ao norte ata a selva virxe. O límite sur márcano extensas praias. Esta zona, máis chuviosa, caracterízase polas grandes plantacións de produtos de exportación: café, cacao e banana. No norte a paisaxe vese conformada por unha mesetagranítica recuberta de sabanas. Nesta área pequenos propietarios cultivan sorgo, millo e maní.
Mantendo lazos próximos con Francia desde a independencia en 1960, a diversificación da agricultura para a exportación, e o estímulo dos investimentos estranxeiros, fixo de Costa do Marfil un dos países tropicais africanos máis prósperos. No entanto, en anos recentes Costa do Marfil viuse suxeita a máis competencia e o descenso dos prezos no mercado global dos seus cultivos agrícolas principais: café e cacao. Isto, xunto cunha alta corrupción interna, fai a vida difícil para os agricultores e os que exportan a mercados estranxeiros.
Demografía
No ano 2007, Costa do Marfil tiña unha poboación de 18 000 000 de habitantes. A esperanza de vida era de 49 anos. A media de fillos por muller era de 4.43. O 50.9% da poboación estaba alfabetizada. Calcúlase que o 7.0% da poboación estaba infectada co virus VIH (SIDA).
Desde que se estabeleceu como unha das nacións mais prósperas economicamente de África occidental, cerca do 20% da súa poboación consiste en traballadores das veciñas Liberia, Burkina Faso e Guinea. Este feito ten orixinado permanentemente unha tensión crecente en anos recentes, principalmente debido ao feito de que gran parte destes traballadores son musulmáns, mentres que a poboación natural da Costa do Marfil é, esencialmente cristián (principalmente católica romana) e animista. A principal etnia é o pobo Baulé, con presenza na maior parte das zonas centrais.