As prazas de soberanía son pequenos territorios situados no mar de Alborán, estreito de Xibraltar e costa norteafricana. Administrativamente dependen directamente do Goberno central de Madrid. Son polo tanto territorio tamén da Unión Europea. Estas prazas de soberanía son:
Illa Perejil, pequeno illote preto de Ceuta, causa dun enfrontamento entre España e Marrocos no 2002, propiamente non se trata dunha praza de soberanía, senón que é terra de ninguén [Cómpre referencia].
Cando España lle concedeu a independencia a Marrocos en 1956, non cedeu os illotes e prazas do norte marroquí que tiña dende o século XVI, moito antes da colonización de Marrocos de comezos do século XX. Porén, estas prazas son reclamadas polo reino alauíta.