En 1989 regaláronlle o seu primeiro kart e no ano 1991 xa debutou en carreiras de karts. Con dezanove anos logrou o título de karting no seu país, e quedou segundo na seguinte temporada. No 2000 disputou o campionato da Fórmula Renaultbritánica; das dez carreiras disputadas subiu ao podio en sete, e quedou campión.
Kimi Räikkönen anunciou a súa retirada ao final do campionato 2021, rematando a súa carreira na Fórmula Un despois de 19 tempadas.[1]
Fórmula 1
Os bos resultados na Fórmula Renault chamaran a atención de Peter Sauber. Así, o piloto fixo algunhas probas con bos resultados no circuíto italiano de Mugello e Sauber decidiu contratalo como piloto reserva en 2000, o que foi o inicio da súa carreira na F1.
Sauber
Räikkönen, con só vinte e un anos, iniciaba como piloto titular a súa andaina na Fórmula 1 na tempada 2001. Con só vinte tres carreiras de monoprazas no seu currículo, conseguiu a licenza especial da FÍA. Logo, na primeira proba do campionato alcanzou o sexto lugar.
McLaren
En 2002, foi contratado polo equipo McLaren onde correu ata a tempada 2006 substituíndo o seu compatriota e bicampión do mundo Mika Häkkinen. Foi subcampión da tempada de 2003 con noventa e un puntos, ficando só a un punto de impedir o hexacampionato de Michael Schumacher.
En 2005, foi novamente subcampión con cento doce puntos e sete vitorias, sendo Fernando Alonso campión. Foi considerado polos críticos de automobilismo e as revistas como o piloto máis rápido e mellor da tempada. En 2006, cun coche mal construído por McLaren, Räikkönen non conseguiu ningunha vitoria e terminou o ano en quinto lugar con sesenta e cinco puntos.
Räikkönen era o que tiña menores oportunidades de entre os tres pilotos que disputaban o campionato: Lewis Hamilton e Fernando Alonso eran os mellor posicionados para levar o título, xa que Kimi precisaría dunha combinación de resultados adversos para Mclaren e favorables para el, para ser quen de converterse en campión mundial de pilotos na tempada 2007, Räikkönen contou cos erros cometidos polo inglés Lewis Hamilton na carreira, que pronto na segunda curva da carreira perdeu o control do coche, chegando a ficar na décimo oitava posición, e pola estratexia adoptada por Ferrari, que fixo que o finés asumise o liderado da proba, que era do brasileiro Felipe Massa na volta de número cincuenta e dous.
Coa vitoria, Räikkönen conquistou seu primeiro título do campionato mundial de pilotos e a consolidación da Ferrari como o líder mundial de construtores de Fórmula 1 da tempada 2007. Con seis vitorias na tempada, máis que os seus rivais Fernando Alonso e Lewis Hamilton de McLaren (catro vitorias cada un) e que o seu compañeiro de equipo Felipe Massa (tres), o campionato terminou con cento dez puntos para Räikkönen, coa diferenza de só un punto entre Hamilton e Alonso, que terminaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente.
Xa en 2008, o campión do mundo, ata entón, non alcanzou moito éxito; o seu coche, segundo o seu equipo, non se adaptaba ao estilo de Räikkönen. Venceu só 2 carreiras, o Gp da Malaisia e o Gp da España, acadando 75 puntos, e ficando en 3° lugar na tempada, moi abaixo do esperado, sendo o campión Lewis Hamilton, de McLaren. Porén, Räikkönen, foi o piloto con máis voltas rápidas, sendo avaliado como o piloto máis rápido da tempada, e chegando a entrar na historia da Fórmula 1 por conquistar tantas voltas rápidas nunha tempada e ao longo da súa carreira.
Esa non foi a primeira experiencia de Kimi na categoría. O mesmo ano de 2009, disputou o Rally de Finlandia, a bordo dun Fiat Punto S2000 do equipo de Tommi Makkinen, chegando a estar en terceiro lugar da súa categoría (N4), cando sufriu un accidente que imposibilitou a conclusión da proba.
En 2 de abril de 2011 o finés asinou un acordo co equipo de Kyle Busch para disputar parte da tempada 2011 da NASCAR Truck Series, que é o terceiro campionato en importancia na NASCAR. Na súa estrea, Räikkönen terminou a proba de Charlotte na décima-quinta posición.
Retorno á Fórmula 1
En novembro de 2011, anunciouse o retorno de Kimi á Fórmula 1, coa confirmación da súa contratación por Lotus-Renault.
O 11 de setembro de 2013, anunciouse oficialmente o seu regreso a Ferrari para as dúas seguintes tempadas.[2].
O 10 de novembro de 2013, logo de coñecerse que o equipo non lle pagara o seu salario, confirmouse que o piloto finlandés non competiría nas dúas últimas probas debido a que se ía operar das costas.[3]